O papel de Esther Cid

Hai poucas veces nas que se pode ver ao presidente da Xunta disfrutar, coma calquera veciño, das rúas e do tempo de Santiago. Onte foi un deses días...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/06/2008 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

None

Quen coñece ao xefe do Executivo Galego asegura que Esther Cid é un dos seus principais soportes e con ela consulta moitas das decisións importantes do seu goberno. Precisamente, foi o propio Touriño quen quixo que a súa muller teña un papel relevante na vida pública e que o acompañe ós principais actos que desempeña coma presidente, sexan ceas, galas ou viaxes ao exterior.

Dende a Xunta aseguran que o modelo que Touriño lle quere imprimir a vida pública é completamente diferente ao de Fraga. O ex mandatario galego era un home hiperactivo que, segundo ten declarado en público, non quería mesturar "o traballo coa familia". De feito, era moi raro ver a Fraga en compaña da súa muller durante os actos oficiais. "O máis lóxico é amosar aos galegos que o seu presidente é coma eles, que ten unha muller e unha familia, como calquera galego máis", apuntan dende o Executivo galego para defender a presencia de Cid nos actos institucionais da Xunta.

Non opina o mesmo a oposición. Os populares xe teñen criticado no Parlamento o "protagonismo da primeira dama". Cren que darlle relevancia distorsiona o papel do presidente e comparan o que acontece no goberno galego co de España, onde a muller de Zapatero, din, está sempre nun segundo plano e mesmo evita os actos públicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

17 anónimo

sr touriño ¿e esta outra vulneracion anterior?
http://www.xornalgalicia.com/index....

en medio rural ao mellor o normal e o correcto é vulnerarlle de seguido dereitos constitucionais aos traballadores. sera porque nesta conselleria manda quen manda e optan por aplicar polas bravas o anticonstitucionalismo? ...

16 anónimo

ou esta, sr. presidente: si, si, non se estrane e lea ben. decátese de que no noso país nunha consellería do seu/noso goberno progresista vulneráronselle ¡¡¡DEREITOS CONSTITUCIONAIS!!! a máis de cen traballadores da administración autonómica, neste caso do servicio ¡¡¡PÚBLICO!!! de extinción de incendios forestais.

neste caso qué fará vostede, sr. presidente? ¿mirará para outro lado? ¿dará instruccións para que algún dos responsables deste feito sexa cesado? ou, pola contra ¿dará órdenes para que os medios de comunicación tapen este turbio asunto?

http://www.europapress.es/galicia/n...

15 anónimo

ou desta outra do fato de chiringuitos do pp e do bipartito:
http://www.elpais.com/articulo/espa...

14 anónimo

oscar, ou desta outra e xa van unhas cantas sentenzas que demostran que medio rural, aló por febreiro de 2007, vulneroulle dereitos constitucionais a más de cen traballadores do spdcif
http://www.xornalgalicia.com/index....

13 Oscar

Ou destoutra nova que me parece unha absoluta barbaridade.
http://www.elpais.com/articulo/soci...