Aberto o prazo para o XXXI Triatlón Vila de Allariz

O evento deportivo celebrarase o 19 de agosto estando aberta a inscrición ata o día 15.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 02/08/2023 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

A presentación do XXXI Triatlón Vila de Allariz tivo lugar o pasado 1 de agosto e contou coa presenza de Cristina Cid alcaldesa de Allariz, Carlos Puga concelleiro de Deportes, Roberto Naranjo técnico de deportes, e Mónica Flores secretaria da Federación Gallega de Triatlón. 

Presentación do XXXI Triatlón Vila de Allariz. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Presentación do XXXI Triatlón Vila de Allariz. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

O evento terá lugar o 19 de agosto ás 18:30h, celebrarase na contorna do río Arnoia, haberá postos de avituallamento e contará con tres categorías principais, o que permite aos participantes elixir o seu nivel de desafío segundo as súas habilidades e experiencia no triatlón.

O prazo de inscrición abriuse o 1 de agosto e cóntase que haberá 125 prazas para deportistas federados, podendo formalizarse a inscrición a través da web da Federación Galega de Triatlón, no seguinte enlace https://www.rockthesport.com/es/evento/xxxi-triatlon-vila-de-allariz

Ademais, reservaranse 25 prazas para deportistas locais empadroados, os cales deberán chamar a Piscina Municipal, 988 442 083, para inscribirse.

"Aínda que os atletas de elite competirán polos primeiros postos e os tempos máis rápidos, o XXXI Triatlón Vila de Allariz celebra a participación de todos os niveis, desde principiantes ata expertos. Ademais de ser un desafío persoal, o evento é unha oportunidade única para fomentar a camaradería entre os participantes e a comunidade deportiva en xeral", comentan dende o concello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta