Trátase dunha campaña que o concello, xunto co comercio e a hostalería locais, desenvolverán para incentivar as compras durante a época de Nadal.
  comenta   0
“Xardín Informal”, do colombiano Julián Castañeda, foi a obra efémera que máis votos do público levou e permanecerá un ano máis no recinto do Festival. O evento rematou a súa décimo terceira edición o pasado 30 de outubro e levaba por título: “A Volta ao Mundo en Once Xardíns”.
  comenta   0
Será os días 11 e 12 de novembro e contará cuns trinta postos nos que non faltarán produtos de tempada como mel, cogomelos, noces, castañas, etc.
  comenta   0
O concello, a través da Área de Igualdade, organiza diferentes actividades entre o 4 e o 25 de novembro co gallo do Día Internacional para a erradicación das violencias contra as mulleres.
  comenta   0
O concello abriu xa a convocatoria para presentar propostas de cara ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2024. O día 30 de novembro será o derradeiro día para facelo.
  comenta   0
Do 27 de outubro ao 1 de novembro, almas en pena, meigas e seres do alén reuniranse en Allariz.
  comenta   0
O concello vén de adherirse ao "Proxecto Acceso á Crohn e Colite Ulcerosa" en colaboración con ACCU Ourense. A implantación deste proxecto é unha resposta á alta incidencia das enfermidades de Crohn e colite ulcerosa na comunidade, así como á necesidade de abordar os síntomas que afectan a moitas persoas.
  comenta   0
O encontro, programado para os días 6 e 7 de outubro, contará coa participación de destacados creadores líricos de diversas comunidades do estado e tamén cunha poeta polaca.
  comenta   0
A hostalería local ofertará ata o 12 de outubro tapas e menús cuxo ingrediente principal é a carne de boi. Dezasete tapas competirán por ser a elixida entre os comensais como a “Mellor Tapa” e mantense o premio para participantes alaricanos, "Papando no Boi".
  comenta   0
Entre os días 29 de setembro e 1 de outubro desenvolverase na vila do Arnoia a X edición das “Xornadas sobre os Oficios do Coiro”. Un encontro que reúne a profesionais, afeccionados e estudantes, e que fai posible xuntar diferentes disciplinas dos oficios relacionados con este material.
  comenta   0
Visita institucional á 'Cibdá' de Armea para dar a coñecer os resultados da XII campaña arqueolóxica de excavacións que se fixo este 2023. Nos traballos participou o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo.
  comenta   0
Este festival galego clausurarase pola tarde noite do sábado 9 de setembro coa gala final de entrega de premios, que incluirá os gañadores do certame de curtametraxes desta edición, e o acto especial de entrega do Premio RiR Contigo, ao actor Manuel Manquiña.
  comenta   0
O evento chega este ano á súa sexta edición, alongarase ata o 9 de setembro e conta con 41 curtametraxes a concurso. O premio 'RIR contigo', que premia traxectorias dedicadas á comedia, será para Manuel Manquiña.
  comenta   0
A vila ourensá organiza o vindeiro 10 de setembro no casco vello un consolidado encontro de artesás e artesáns locais e do resto de Galicia. Tamén haberá demostracións ao vivo, obradoiros para todos os públicos e música en directo entre as 17:00 e as 20:00 h.
  comenta   0
Está programada para os días 18, 19 e 20 de agosto. Aínda que a protagonista do evento é un dos produtos máis nosos, haberá espazo para os xogos populares, o deporte e as actuacións musicais. O domingo terá lugar un concurso de elaboración de empanadas para 'amateurs' e para profesionais.
  comenta   0
Celebrarase o vindeiro sábado día 2 de setembro e contará con máis dunha ducia de postos na contorna da Praza do Matadoiro, exterior da reserva da Biosfera.
  comenta   0
O evento deportivo celebrarase o 19 de agosto estando aberta a inscrición ata o día 15.
  comenta   0
Faino coa campaña "Está na túa man, pecha a billa cando toca" que está impulsada polo concello e a empresa concesinaria do servizo de auga 'Espina & Delfín'.
  comenta   0
Música, actividades para público infantil, cinema e actividades deportivas son algunhas das apostas para este tempada de verán na vila do Arnoia.
  comenta   0
As festas do San Bieito serán do 6 ao 9 de xullo e as programadas para mozas e mozos desenvolveranse do 30 de xuño ata comezos de setembro.
  comenta   0
Este 2023 chega á segunda edición e celebrarase os dís 30 de xuño e 1 de xullo. Ademais dos encontros con editores e autores, haberá un mercado independente de edición e ilustración.
  comenta   0
A segunda edición deste mercado, promovido por dúas produtoras locais, será na Praza do Matadoiro o vindeiro 1 de xullo. Contará con máis dunha ducia de expositores do sector da flor cortada e a cerámica.
  comenta   0
Será o 18 de xuño e constará de dúas rutas, unha ruta longa de 22 quilómetros, e outra curta de 10 pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas.
  comenta   0
A iniciativa pretende garantir a eficiencia na resposta e o rexeitamento a esta problemática social, especialmente nos contextos de eventos festivos. A Festa do Boi será a primeira na que se implante o devandito protocolo.
  comenta   0
A cantidade solicitada ascende a 2.946.072 € para modernizar, facer máis eficientes e totalmente accesibles os edificios do Museo do Xoguete e do Centro de Interpretación Medieval respectivamente.
  comenta   0
O Concello de Allariz, en colaboración coa Fundación Vicente Risco, vén de presentar unha campaña de divulgación cultural e turística en gardamanteis para a hostalería local.
  comenta   0
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abriu as portas da súa XIII edición baixo o tema central de “A volta ao mundo en once xardíns”. O evento, que este ano contará con once xardíns, atrae á vila do Arnoia uns 40.000 visitantes ao ano.
  comenta   0
A alcaldesa, Cristina Cid, comunicoulle ao sector turístico e comercial de Allariz que o plan presentado á convocatoria do Ministerio recibiu a idoneidade.
  comenta   0
Desenvolveranse no Concello de Allariz do 5 ao 15 de maio e están organizadas a través da área de Benestar Social.
  comenta   0
Están pensadas para todos os públicos, concéntranse en cinco días (do 27 ao 30 de abril e o 5 de maio), e desenvolveranse en lugares que formaron parte da vida do escritor.
  comenta   0
O concello vén de convocar un concurso para a realización dun mural na súa estación de autobuses e convida á participación. A iniciativa está enmarcada nun proxecto de limpeza e mellora da estética urbana na vila.
  comenta   0
Está elaborado con aceites ecolóxicos e enriquecido con leite de burra e manteiga de karité BIO, compoñentes xa clásicos dos xabóns marca Xabón D’Allariz.
  comenta   0
En varios núcleos de poboación estanse a acometer cambios na rede de alumeado municipal. Cristina Cid, a alcaldesa, confía que a redución do consumo nas zonas renovadas supere ese 50%.
  comenta   0
Con motivo do 60 aniversario do falecemento de Vicente Risco, a Fundación que leva o seu nome cedeu á Asociación Xan de Arzúa uns debuxos del nos que aparecen representados gando vacún, feiras ou escenas do rural. Ademais de aparecer no cartel e no programa, utilizáronse tamén para o pano e as camisetas.
  comenta   0
Maxia, contacontos, actuacións musicais, roteiros culturais e mercadiños animarán as rúas desta vila entre os días 6 e 9 de abril abrindo a
  comenta   0
A exposición está repartida por 24 puntos do casco histórico e en cada localización atoparase unha lona na que se explica cada produto, oficio ou sector ao que pertence.
  comenta   0
O XIV Festival Internacional de Xardíns de Allariz do 2024 propón que 'O xardín é unha obra de arte'. O prazo para presentar propostas rematará o 30 de novembro.
  comenta   0
O Concello de Allariz oferta dende hai varios anos un ciclo de educación sexual para alumnado de Primaria e da ESO. Este ano tamén se realizou un obradoiro para profesorado de Primaria.
  comenta   1