Pasarrúas, festas, concursos e música animarán Allariz este Entroido

A programación comezou o pasado 20 de febreiro, co xoves de Compadres, e rematará o 5 de marzo co 'Pranto do Entroido' e a 'Queima do Meco'.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 26/02/2025 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A programación do Entroido no Concello de Allariz comezou o xoves 20 de febreiro, coa noite de Compadres, e continuará este xoves 27, co de Comadres, día no que estas figuras percorrerán as rúas de Allariz acompañadas pola charanga Achicoria.

Carmen Vidal, técnica de cultura; Alberto Conde, concelleiro de cultura; e Uxía Feijóo, técnica de cultura. Foto: Concello de Allariz.
Carmen Vidal, técnica de cultura; Alberto Conde, concelleiro de cultura; e Uxía Feijóo, técnica de cultura. Foto: Concello de Allariz.

O venres 28 a festa estenderase ata a madrugada coa Noite de Entroido, onde a Discomóvil Apocalipsis animará a Praza Maior dende as 23.30h ata as 01.30h., e o domingo 2 de marzo haberá un pasarrúas coa charanga Alambique entre as 12.00 h. e as 14.00 h.

Pensando nos máis cativos, o luns 3 o concello ten programada unha Festa Infantil da man da Discomóvil Apocalipsis na Praza Maior de 17.30 h a 20.00 h. Ese mesmo día, xa pola noite, ás 21:30 h. a gastronomía propia desta época do ano terá o seu protagonismo coa tradicional Cachuchada na Barreira e organizada pola Asociación Cultural Xan de Arzúa. Para amenizar esta xuntanza contarase coa charanga Los Fugitivos das 23.00 h. ás 01.30 h.

MARTES DE ENTROIDO E MÉRCORES DE FIN DE FESTA

O martes 4 de marzo será o día do Baile de Entroido e Concurso de Comparsas, que se celebrará de 18.00 h. a 20.30.h. na Barreira coa animación de Space Discomóvil.

O fin do entroido terá lugar o mércores 5 de marzo. Será ás 20:00 h. co Pranto de Entroido na Praza Maior, actividade na que participarán Silvardeiras Teatro, Cantos de Taberna Xolda e Universidade Laboral. A continuación, farase a Queima do Meco no Campo dos Brancos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta