Música tradicional, produtos gastronómicos, artesanía, campionatos de billarda, desfile de folións... Unha morea de actividades amenizaron na fin de semana este peculiar entroido estival.
  comenta   0
Ambos os alcaldes de Viana do Bolo e Vilariño de Conso afirman que a firma de moda Dolce & Gabbana "copiou" o deseño dunha camisa da figura principal do seu Entroido.
  comenta   0
A entidade cultural alternativa Asemblea Cultural Galega de Barcelona, aglutinadora de persoas e colectivos vencellados ás identidades galega e catalá e con visión de esquerdas, organiza un entroido en Catalunya.
  comenta   2
"A ficción non se escraviza. O Entroido non se civiliza. O humor non se toca. Son sagrados", reivindica a Asociación de Dramaturgas e Dramaturgos de Galicia (DramaturGa).
  comenta   8
Martiño Noriega defende a "relación fluída" do seu goberno co Arcebispado, tras a polémica aberta polo pregón do Entroido.
  comenta   13
Noriega enmarca "dentro da sátira e a crítica" e "dos límites do humor" o pregón e considera que as críticas son parte dunha "onda represiva que tenta regular a liberdade de expresión e os dereitos fundamentais".
  comenta   21
Galicia celebra o Entroido a pesar do mal tempo, que obrigou a aprazar actos en Pontevedra, O Barco e Manzaneda.
  comenta   0
Máis de mil cincocentos nenos e nenas participaron no desfile infantil o pasado xoves de comadres. Por diante, o bautizo do cigarrón esta tarde e días de moita troula, moita música e máis desfiles.
  comenta   0
A cidade prepárase para vivir un dos mellores entroidos urbanos de Galicia. Unha festa de rúa na que as máscaras, os disfraces e a música serán protagonistas. O concello potenciará tamén os entroidos singulares da cidade: Seixalbo, Eiroás e Barrio da Ponte.
  comenta   0