Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 06/03/2025 | Actualizada ás 15:00
No Entroido galego, a sátira e a burla cobran vida en comparsas e carrozas encarnando a reivindicación social, amosando en desfiles as preocupacións e os conflitos máis candentes do momento. Este ano, sen dúbida, a mobilización social vén da man da macrocelulosa que Altri pretende instalar en Palas de Rei. Por iso, a imaxe da multinacional ten aparecido en numerosos Entroidos, convertida no antiheroe dunha historia de resistencia local da que aínda non se escribiu a última liña. Dende carrozas ata bonecos de cartón, a empresa portuguesa ten sido representada como unha ameaza ambiental, un xigante insaciable e un intruso non desexado na nosa querida Galicia.
Aquí vos deixamos dous dos Entroidos nos que estivo moi presente: o da Coruña e o de Cambados. Así, o pasado sábado 1 de marzo o Entroido da cidade herculina acolleu o seu tradicional concurso de comparsas no que, unha delas lanzaba mensaxes reivindicativos contra Altri. O 'Altri Non' abriuse paso ante máis de 30.000 espectadores. A carroza que participaba no concurso baixo o nome de 'Maltri' levaba a bordo dende bombeiros ata activistas de Greenpeace, seguida por moitos eucaliptos e tamén por taladores.
Tamén en Cambados, onde ano tras ano se celebra o sempre concurrido Enterro da 'Sardiña' para despedir o Entroido, o tema elixido este ano foi a factoría de celulosa que se pretende instalar á beira do río Ulla. A maqueta, que tratou de representar a planta de Altri, percorreu o tradicional desfile deixando un regueiro de fume saínte da súa cheminea, como unha maneira de amosar a contaminación que esta fábrica traería á nosa terra. Así, no canto de queimar a sardiña, o que se queimou este ano foi a Altri.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Un total de 228 persoas morreron nas estradas españolas este verán, 15 menos que en 2024
- O PP acusa ao Concello de Lugo de "comprometer a súa economía" pola licitación do contrato do Vello Cárcere
- A Xunta defende a súa xestión nos incendios: "Apoiar aos afectados e aprobar axudas"
- Unha decena de detidos no Salnés nunha operación contra o tráfico de cocaína
- Despregan barreiras anticontaminación en Ribeira polo incendio do buque Awadi
- Unha nova fronte trae chuvia e vento a Galicia