Presentará no primeiro trimestre de 2024 o seu plan estratéxico para o próximos cinco anos, cun plan investidor para a factoría de Pontevedra.
  comenta   0
Tendo en conta que en Galicia hai 250.000 donos de eucaliptais, todos os galegos temos un coñecido ou un familiar que recibiu a chamada de Ence interesada en comprar. Mais agora sáelle unha dura competidora: a lusa Navigator, a pasteira máis grande de Portugal, que ten xa 1.000 hectáreas de eucalipto na nosa terra.
  comenta   0
Segue aberta a posibilidade de continuar ante o Tribunal Constitucional. O alcalde de Pontevedra di que a sentencia era "previsible" e anuncia novos recursos.
  comenta   0
Pecha un contrato cunha "cervexeira importante" para a transformación de procesos enerxéticos. Prevé pechar a finais deste mes outro acordo similar cunha firma de "alimentación moi importante".
  comenta   0
Ence explicou que esta proposta de dividendo complementario, que está en liña coa súa política de remuneración ao accionista, responde á forte xeración de caixa da compañía e ao seu baixo endebedamento.
  comenta   0
O alto tribunal estaca que a prórroga do Goberno de Rajoy contaba con "informes favorables da Administración". Ence, Alfonso Rueda e o Concello de Marín celebran a decisión que recibe moitas críticas de entidades ecoloxistas.
  comenta   0
Participaron na manifestación convocada polos traballadores nas rúas de Pontevedra en defensa da continuidade da fábrica en Lourizán.
  comenta   1
Destaca que, segundo o último informe de Sustainalytics ESG Rating, obtivo 91 puntos sobre 100 en materia ESG.
  comenta   0
O Tribunal Supremo resolverá o 4 de outubro sobre o recurso ante os fallos que anulan a prórroga de Ence en Pontevedra.
  comenta   0
A Unión Europea mantense como o maior mercado de exportación do papel (60%) e da celulosa (73%) producida en España, principalmente Alemaña, Francia, Italia e Portugal.
  comenta   0
O xigante afincado en Arteixo vén de anunciar un acordo de colaboración cunha empresa dedica á produción de fibras a base de residuos téxtiles.
  comenta   0
Vendo a dedicación da Xunta de Feijóo para encontrarlle usos ao eucalipto, e vendo a necesidade extrema de producir alimentos no territorio propio, a un non lle sorprendería que alguén estivese a investigar a fabricación en ENCE de celulosa comestible.
  comenta   0
A compañía explicou que o proceso se atopa nunha fase preliminar de recepción de ofertas non vinculantes e non se iniciou aínda ningunha negociación con posibles investidores interesados.
  comenta   0
Greenpeace e Concello de Pontevedra presentaron senllos recursos. Considérase que a resolución de 20 de xaneiro de 2016 da directora xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, por delegación da ministra, non xustifica, como esixe a Lei de Costas, que a papeleira, pola súa natureza, non poida ter outra localización.
  comenta   0
"Ence non pode seguir legalmente en Lourizán", afirmou Antón Masa presidente da APDR, cualificando de "impensable que a Audiencia Nacional decida que a prórroga de 60 anos ata 2073 foi legal".
  comenta   0
Greenalia recibiu case 800.000€ en subvencións e un préstamo dun millón de euros da Xunta pouco antes de contratar a Bea Mato. Un cambio na norma autonómica permitiulle multiplicar por 9 o seu valor en bolsa e impulsar máis de 50 parques eólicos, moitos deles acusados de ilegalidades. A compañía nega que a fichaxe de Mato tivera que ver coas autorizacións concedidas.
  comenta   7
A empresa salienta que "enxeñarías independentes" certificaron que a planta "non podería trasladarse a ningún outro emprazamento, nin por criterios técnicos nin económicos".
  comenta   0
Garantiuse que a biofábrica cumpre coa certificación ISO 14.001 de sistemas de xestión ambiental, segundo a propia empresa.
  comenta   0
A compañía insiste en que continuará defendendo "a legalidade" da concesión da planta de Pontevedra e, por tanto, a súa permanencia en Lourizán ata o próximo ano 2073.
  comenta   0
Juan Vieites, preguntado por se o seu modelo para atallar a crise da covid é Galicia ou Madrid: "O primeiro é a saúde das persoas"
  comenta   0
Nun escrito defenden que os traballadores da pasteira son "persoal da máis alta cualificación" e que os procesos de selección "son dos máis esixentes, cun alto nivel de tecnificación e salarios ao mesmo nivel".
  comenta   0
Só a medio da represión (ducias de mariscadoras foron prendidas e algunhas botadas ao cárcere) e da vía de feito propias da ditadura franquista foi posíbel a ocupación no 1958 de grandes e moi produtivas extensións de terreo de dominio `público marítimo-terrestre na ría pontevedresa para construir unha celulosa promovida por unha empresa pública, despois privatizada. Esta celulosa fornecía e fornece dunha primeira transformación ao eucalipto galego, sen que nunca se construise unha integración produtiva con ulteriores transformación que lle desen valor á cadea, como si fixeron outras madereiras.
  comenta   0