Volven as axudas do programa 'Experiencias Turismo España' procedentes do goberno

O prazo para solicitala abrirase este xoves, día 3, e pechará o próximo 20 de setembro e as subvencións oscilarán entre os 100.000 euros e un millón como máximo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/08/2023 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, animou a entidades, asociacións e empresas da comunidade a participar en 'Experiencias Turismo España', tras publicar o Boletín Oficial de Estado (BOE) a convocatoria de 2023 desta liña de axudas con 20 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase este xoves, día 3, e pechará o próximo 20 de setembro. As subvencións oscilarán entre os 100.000 euros e un millón como máximo. Este programa do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo impulsa proxectos de redes de actores que desenvolvan experiencias turísticas "sustentables, dixitais, integradoras e competitivas" en España e así "atraer turismo de calidade".

Blanco mostrou o seu convencemento do potencial de Galicia para captar estes fondos, igual que fixeron 15 entidades públicas e empresas que se beneficiaron de 1,77 millóns de euros da anterior convocatoria, que se resolveu o pasado mes de maio. Para o delegado é unha nova oportunidade de impulsar experiencias que "aproveiten a excepcionalidade do patrimonio cultural e natural" da comunidade.

Así mesmo, informou de que no marco deste programa, Galicia protagoniza "experiencias turísticas innovadoras e sustentables relacionadas co surf, enoturismo, turismo mariñeiro e rural, o litoral e o ceo, ou relacionadas co Camiño de Santiago". En todos estes casos, segundo recalcou, o programa ten unha "visión expansiva" destes produtos e participa con empresas e entidades doutras comunidades autónomas.

Turismo en Vigo
Turismo en Vigo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta