Os gandeiros reclaman á Xunta que cumpra coa axuda de 0,80 euros por quilo de carne prometida en maio.

A Federación Rural Galega alerta de que este incentivo "pode acabar en mans da industria".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2023 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

A Federación Rural Galega (Fruga) reclamou á Xunta que cumpra coas axudas prometidas en maio aos gandeiros produtores da tenreira galega, ademais de alertar de que este incentivo "pode acabar en mans da industria". Segundo un comunicado enviado este venres pola Fruga, os gandeiros aínda non recibiron a axuda de 0,80 euros por quilo de carne prometida en maio polo conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez.

A Federación sinalou que o prezo da carne está por baixo da media histórica do verán, o que representa un "comportamento anómalo que pon en perigo o noso futuro como gandeiros e gandeiras produtores de tenreira galega suprema". Fruga considera "imprescindible" que esta medida se execute canto antes, ademais de acusar un suposto beneficio ás industrias comercializadoras, que "comprarían a materia prima máis barata sen baixar os prezos nos puntos de venda".

"Esiximos á Consellería do Medio Rural que poña en marcha os mecanismos adecuados para evitar que a industria se aproveite desta axuda para comprar os tenreiros máis baratos. De non ser así, teremos que concluír que quenes se van a beneficiar finalmente desta axuda serán os matadoiros, salas de despezamento e distribuidoras co consentimento da Consellería", afirmou a Federación.

Tenreira galega
Tenreira galega | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta