Temas: FOZ AUGA MEDIDAS

A auga de Foz volve ser apta para beber e cociñar

As medidas de corrección funcionaron e a substitución do cloro no pretratamento por peróxido de hidróxeno baixou os valores de trihalometanos.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 12/08/2023 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

O Concello de Foz comunicou que a auga da traída municipal volve ser adecuada para beber e cociñar, despois dos resultados das mostras tomadas o luns e o mércores desta semana. Desde o pasado 3 de agosto, o consistorio da Mariña recomendaba á poboación, como medida preventiva, non inxerir auga da traída nin preparar alimentos con ela, xa que se detectaron valores de trihalometanos (THM) por encima dos rangos permitidos.

O alcalde, Fran Cajoto, destacou que as medidas de corrección funcionaron, por exemplo, a substitución do cloro no pretratamento por peróxido de hidróxeno. Así, o Concello pediu desculpas polas molestias causadas e, agora, solucionado o problema, cre que é tempo de analizar que medidas adicionais poden tomar na potabilización para que non volva ocorrer.

Ademais, quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade sobre a cor da auga, na que, segundo apuntou, tamén ten incidencia a utilización do peróxido de hidróxeno como reactivo en lugar do hipoclorito. En todo caso, confirmou que seguirán realizando unha toma de mostras continua, para garantir "auga de calidade" porque, engadiu, a prioridade é conseguir dar o mellor dos servizos posible.

Porto de Foz
Porto de Foz | Fonte: turismo.gal

Temas: FOZ AUGA MEDIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta