Por Galicia Confidencial | Poio | 17/08/2023 | Actualizada ás 20:40
Dous menores tiveron que ser atendidos polos servizos sanitarios no municipio pontevedrés de Poio despois de que o coche no que ían chocase contra outro que estaba aparcado.
Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu ao redor das 16,45 horas na Avenida de San Xoán. Era un particular quen contactaba coa central de emerxencias para solicitar asistencia sanitaria. Ademais dos servizos médicos que atenderon aos dous menores, interveu a Policía Local no punto do accidente.
ENVORCO NAS NEVES
Por outra banda, unha persoa resultou ferida nunha saída de vía na A-52 ao seu paso polas Neves sobre as 14,15 horas da tarde. O 112 recibiu o aviso a través do sistema automático de emerxencia do vehículo 'E-Call'.
Aínda que os ocupantes do coche estaban fóra do mesmo, unha das persoas resultou ferida na cabeza e necesitou asistencia médica. O 112 tamén solicitou a intervención da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da autovía.
COLISIÓN EN CANGAS
Ademais, unha muller tivo que ser evacuada noutro accidente ocorrido en Aldán, Cangas. Ocorreu no quilómetro 9 da PO-315 pouco antes das 15,00 horas.
Era un particular quen se poñía en contacto co 112 para informar dunha colisión entre dous coches. Unha das persoas implicadas ha resultado ferida e foron os membros de Protección Civil os que a retiraron do seu coche e levárona ata a ambulancia para a súa posterios traslado.
Un dos carrís de circulación permaneceu cortado durante o operativo, no cal tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Cangas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.