Arco Iris denuncia a derriba "indiscriminada" de presas no Miño-Sil e pide a transferencia a Galicia da CHMS

A asociación recrimina á CHMS que leve a cabo un "plan de demolición de presas nos ríos da súa competencia, que incuye territorios de Galicia e Castela-León".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2023 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

A organización ecoloxista Arco Iris alerta da "derriba indiscriminada" de presas e azudes en ríos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e insta, por iso, á Xunta de Galicia a solicitar a súa transferencia.

Nun comunicado, reprocha a este organismo que leve a cabo o que cualifica como un "plan de demolición de presas nos ríos da súa competencia, que abrangue territorios de Galicia e Castela-León".

"A CHMS xestiona directamente máis do 50% da rede fluvial de Galicia", expón a organización ecoloxista que engade que a Conca Galicia Costa "ten ao seu cargo o 44% da rede hidrográfica".

"Mentres que a Conca Galicia Costa renunciou ata o momento á derriba indiscriminada de presas e azudes nos seus ríos, na CHMS desatouse unha febre destrutiva que xa se levou por diante 26 estruturas hidráulicas que son eufemísticamentedenominadas 'obstáculos' no Miño e no Sil".

Por todo iso, insta á Xunta de Galicia a solicitar a transferencia inmediata da CHMS e a súa integración nunha nova rede fluvial de Galicia "con competencias exclusivas na xestión dos seus propios recursos hidráulicos".

Vista xeral sobre o estado do encoro de Cenza na conca Miño-Sil. Rosa Veiga - Europa Press
Vista xeral sobre o estado do encoro de Cenza na conca Miño-Sil. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta