Nas escavacións recuperáronse os restos das ferramentas líticas fabricadas en cuarcitas e cuarzos recolleitos nas beiras dos ríos próximos. Estes aparellos eran usados para procesar os animais cazados, as súas peles e para fabricar ferramentas en madeira. Tamén se atoparon restos óseos e dentais das presas, como mandíbulas e ósos de cervo.
Trátase de actuacións, informa, "co propósito de retirar árbores caídas ou en risco de caída e adecuar a vexetación de ribeira, co obxectivo de evitar a formación de tapóns e manter a capacidade de desaugadoiro da canle".
Presenta un documento pioneiro para protexer o patrimonio marítimo que propón 100 medidas, entre elas, un estudo das rías, ríos e paisaxes marítimas, a elaboración dun atlas virtual do patrimonio marítimo galego ou dun dicionario da cultura marítima.
A asociación recrimina á CHMS que leve a cabo un "plan de demolición de presas nos ríos da súa competencia, que incuye territorios de Galicia e Castela-León".
  comenta   0
Asegura que puxo en marcha un Plan de Restauración Integral das Augas da Antiga Mina de Touro cun financiamento de dous millóns de euros para evitar que a auga entre en contacto cos minerais acumulados.
  comenta   0
Augas de Galicia informará os Concellos da situación, trasladando medidas estratéxicas que se poden adoptar neste estado, como o incremento da frecuencia de control e vixilancia.
  comenta   0
A cabeza de lista do BNG ao Congreso por Ourense, Noa Presas, sinalou a "anomalía" que supón, por exemplo, que a xestión dos ríos ourensáns "se decida a 500 quilómetros de distancia".
  comenta   0
O 'Proxecto Mil Ríos' pretende a limpeza e recuperación de case 500 quilómetros de tramos fluviais. Realizaríase mediante fondos Next Generation e con eles eliminaríanse especies invasoras, limparíanse as marxes dos ríos e recuperaríanse espazos naturais. Movementos sociais e ambientalistas cren que o proxecto non conseguirá chegar aos obxectivos marcados ante as trabas da mesma administración e a case imposibilidade de eliminar lixo e elementos non autóctonos.
  comenta   0
A "posible rotura" dunha das doce balsas tería consecuencias "nefastas" para os núcleos próximos e os ríos, denuncia Ecoloxistas en Acción Galiza
O cesamento das precipitacións durante o venres e o sábado permitiu que a maioría dos que se atopaban en alerta desaparecesen da lista.
  comenta   0
As emerxencias máis frecuentes foron as inundacións en vivendas e as incidencias relacionadas coas estradas, provocadas na súa maioría pola caída de árbores
  comenta   0
Ademais, as concas do Lagares (Vigo) e do Sar (Santiago) atópanse baixo observación e en fase de prealerta
  comenta   0
No que se refire ao nivel dos ríos desde o pasado 15 de outubro ata o 1 de novembro o incremento do caudal circulante dos ríos foi dun 800% o que cualificou como unha "situación de mellora xeneralizada".
  comenta   0
Decidiron por unanimidade conceder o premio ao xornalista por "o seu gran talento, responsabilidade e serenidade de xuízo"
  comenta   0
Iván Puentes anuncia unha gran estratexia para facer desta cidade un "referente internacional en infraestrutura verde, restauración de ríos e loita contra o cambio climático".
  comenta   1
Este concello apuntaba, nun comunicado, que as choivas "arrastraron as cinzas dos recentes incendios na comarca" a diferentes captacións de ríos, coa consecuente turbidez da auga.
  comenta   0
Actívase a prealerta por escaseza no sistema do río Mero, Arteixo e ría da Coruña polo nivel do encoro de Cecebre.
  comenta   0
Realizaranse actividades que impliquen a eliminación de residuos, o coidado de ríos, a supresión de especies invasoras ou a custodia do territorio.
  comenta   0
A Xunta actívaa nas concas dos ríos Tambre e Grande e chama á redución do consumo debido ao "drástico" descenso dos caudais na primeira quincena de agosto.
  comenta   0
Procuran o rastro nos ríos da contorna tras atopar a documentación do home ao carón dunha depuradora.
  comenta   0
Afirma que os informes avalan que o caudal mínimo do río en xullo permitiría unha zona de baño.
  comenta   0
Fluviatilis conta co apoio da Fundación Biodiversidad do MITECO no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado con fondos NextGenerationEU.
  comenta   0
Así figura no Informe sobre a Calidade das Augas de Baño de 2021, que realiza este organismo, no que figura que case unha trintena de praias e ríos, lagos e mananciais en España non son aptos para o baño das 2.261 zonas de baño costeiras e de augas interiores analizadas.
  comenta   0
Diante dun modelo actual con problemas para garantir as necesidades dos concellos, a solución pasaría por deixar de esgotar os recursos do Val e facer captacións en varios puntos de altura noutras zonas; concretamente na demarcación da Confederación Miño-Sil aproveitando as augas que baixarían por gravidade ata a comarca desde o embalse de As Portas.
  comenta   0