Un borracho conduce de forma temeraria nunha 'rapa das bestas' en Poio, pondo en perigo a nenos e animais

Foi interceptado e sometido a un test de alcoholemia, que deu resultado positivo, aínda que o condutor negouse a realizar a proba de detección de drogas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 22/08/2023 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Poio detiveron a un home por un presunto delito de temeridade manifesta con consciente desprezo pola vida, tras circular de forma perigosa pondo en risco a varias persoas que participaban nunha 'rapa das bestas' no lugar da Escusa.

Os feitos ocorreron o pasado fin de semana, e o detido é un veciño de Barro, de 36 anos de idade que, circulando baixo os efectos do alcol, provocou un accidente e deuse á fuga. Mentres escapaba, o sospeitoso conducía de forma temeraria e puxo en risco a nenos, adultos e xinetes que participaban nas celebracións con motivo da rapa''.

Finalmente, foi interceptado e sometido a un test de alcoholemia, que deu resultado positivo, aínda que o condutor negouse a realizar a proba de detección de drogas. Ademais da conduccción temeraria, foi denunciado por conducir ebrio e por un suposto delito de atentado contra axentes da autoridade.

Detido en Poio un condutor por circular de forma temeraria, pondo en risco a vida das persoas,  facelo baixo os efectos do alcol, e tras provocar un accidente
Detido en Poio un condutor por circular de forma temeraria, pondo en risco a vida das persoas, facelo baixo os efectos do alcol, e tras provocar un accidente | Fonte: POLICÍA LOCAL DE POIO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta