Unha operación con éxito

A nadadora pontevedresa Bea Gómez Cortés, intervida en Madrid dunha anomalía cardíaca conxénita, agarda voltar este mesmo mes aos adestramentos para chegar a tope ao Mundial de Kazán no verán.

Por gcdeportes | Pontevedra | 06/05/2015 | Actualizada ás 08:41

Comparte esta noticia

Empeza a conta atrás para a volta á piscina da nadadora Bea Gómez Cortés, que foi operada este martes en Madrid para solucionar unha anomalía cardíaca detectada nunha recente concentración do equipo nacional que lle obrigou a gardar repouso nas últimas semanas.

Bea Gómez Cortés, animada trala operación.
Bea Gómez Cortés, animada trala operación. | Fonte: @beagomezcortes

A deportista pontevedresa, de tan só 21 anos, viuse obrigada a interromper os adestramentos ante un problema de carácter conxénito, localizado no tabique interauricular que divide a cámara superior do corazón. A operación resultou satisfactoria, segundo avanzou a propia deportista no seu Twitter, agradecendo o apoio recibido durante os últimos días: “Recién salida de quirófano, todo ha ido muy bien, muchas gracias a todos”.

Unha vez superada con éxito a intervención, a nadadora do Club Natación Galaico confía en poder regresar aos adestramentos en poucos días, este mesmo mes, para retomar a súa preparación de cara ao Campionato do Mundo de Kazán (Rusia), principal obxectivo deportivo da tempada e que se disputará entre o 24 de xullo e o 9 de agosto na cidade rusa de Kazán. A pontevedresa participará nos 800 metros libres e nos 400 estilos. Esta doenza impediu a Bea Gómez Cortés estar a pasada fin de semana na Copa de España de Xixón co seu equipo, o Club Natación Galaico, que acusou a baixa e descendeu a Segunda.

Bea Gómez Cortés, animada coa visita dos seus amigos no hospital.
Bea Gómez Cortés, animada coa visita dos seus amigos no hospital. | Fonte: @beagomezcortes
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta