A Xunta avalía coa Confederación de Industrias Téxtiles fórmulas para revitalizar a moda galega

En 2022 o téxtil representou a cuarte parte do total exportado por Galicia ao superar os 7.500 millóns en vendas ao exterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2023 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse co presidente da Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega), José Antonio Conde, e con parte da directiva da entidade co obxectivo de abordar a situación do sector en Galicia, así como os retos máis inmediatos para o téxtil.

No encontro, do que informou a Xunta nun comunicado, avaliouse a necesidade de buscar novas fórmulas para revitalizar a moda galega e visibilizar a calidade dos seus produtos, así como o bo facer das empresas e traballadores vinculados a esta industria estratéxica para a terra, pois en 2022 o téxtil representou a cuarte parte do total exportado por Galicia ao superar os 7.500 millóns en vendas ao exterior.

A conselleira e os representantes de Cointega coincidiron na importancia de seguir impulsando este sector ofrecendo apoio aos talleres da cadea industrial con actividade en Galicia para mellorar a súa competitividade. Lorenzana tamén se comprometeu a estudar as necesidades que o sector ten para facer fronte aos futuros retos no ámbito da formación de directivos, retención do talento, modernización, dixitalización ou sustentabilidade.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reúnese con representantes de Cointega
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reúnese con representantes de Cointega | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta