O xornalista e escritor Alberto Ramos gaña o premio Rafael Dieste de Textos Teatrais cunha obra sobre a violencia psiquiátrica en Conxo

Da obra premiada, destacou "a concreción da denuncia baseada nun afinado proceso de investigación, a linguaxe limpa e estilizada, moi acorde co tema que aborda o texto".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2023 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O XXI Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña recaeu no xornalista e escritor Alberto Ramos coa obra 'Conxo, non restraint". Trátase, informa o organismo provincial, dunha peza de texto documento sobre "a violencia psiquiátrica no Hospital de Conxo". A obra foi premiada tras a selección do xurado, composto por autoras e autores con ampla traxectoria na creación literaria en lingua galega no campo teatral.

Da obra premiada, destacou "a concreción da denuncia baseada nun afinado proceso de investigación, a linguaxe limpa e estilizada, moi acorde co tema que aborda o texto". Alberto Ramos é xornalista e escritor e dedícase á comunicación cultural, ademais do traballo desenvolvido na Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

Alberto Ramos, gañador do premio Rafael Dieste
Alberto Ramos, gañador do premio Rafael Dieste | Fonte: DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta