Hai acordo entre PPdeG e DO para apoiar a Jácome en Ourense?

Rueda di que non descarta pactos puntuais "se é bo para Ourense".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/09/2023 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

O "idilio" que mantiveron PPdeG e Democracia Ourensana na pasada lexislatura local en Ourense pode continuar nesta, polo menos, de xeito puntual. E iso, a pesar dos grandes desencontros destes dous partidos nos últimos meses e de que os populares estean na oposión.

Reunión de Alfonso Rueda con Gonzalo Pérez Jácome.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Reunión de Alfonso Rueda con Gonzalo Pérez Jácome.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Tras apoiar diversas partidas orzamentarias presentadas polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome no pleno deste mércores, o PPdeG non descarta novos apoios, aínda que sexan puntuais. Así o confirmou o líder dos populares galegos, Alfonso Rueda, quen defendeu que se isto acontece é polo ben de Ourense.

"Somos a segunda forza máis votada en Ourense e alí valoraremos o que se propón en cada momentos. Supoño que o partido na cidade valora apoiar as propostas se iso se é bo para Ourense. Votan en consecuencia e para iso foron votados polos ourensáns", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta