Pontón presenta un "goberno alternativo" para fiscalizar á Xunta: conta con 12 portavoces por cada unha das áreas nas que se divide o Executivo autonómico e reunirase cada 15 días.
  comenta   0
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, reivindicou a "vía galega" do "sentidiño, a cordura, a política útil que a xente reclama un día tras outro" fronte aos "populismos extremistas".
  comenta   0
En xeral, mantense o mesmo número de propostas por pleno e só se varían os tempos das mocións, de forma que por cada iniciativa que introduza Democracia Ourensana por sesión, nese caso o PSdeG, terceira forza con nove deputados, perderá esa cota correspondente. O BNG, con 25 deputados e segunda forza da Cámara, manterá a súa cota.
  comenta   0
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, anunciou este venres que procederá á retirada, con carácter inmediato, das medallas ao mérito de Traballo a persoas condenadas por corrupción, medida que afectará ao expresidente da CEOE Gerardo Díaz Ferrán ou ao exdirectivo da extinta Caixanova Julio Fernández Gayoso.
  comenta   0
Altri, a gratuidade da AP-9 ou a transferencia de competencias monopolizan a parte final dunha sesión de investidura na que todos os líderes políticos ofreceron pactos pero sen acordos. Rueda asume o cargo co obxectivo de servir "aos que o votaron e aos que non". Pontón e Besteiro pídenlle que non caia nos erros pasados de gobernar sen escoitar, "como Feijóo".
  comenta   0
A líder do Bloque e o do PSdeG ofrecen pactos en sanidade, vivenda e enerxía. Os nacionalistas tamén ofrecen diálogos en rexeneración democrática e os socialistas en lingua e un gran acordo local. Ojea, de Democracia Ourensana, pon o aceno nas "discriminacións" da Xunta con esta provincia.
  comenta   0
O dirixente pontevedrés, quen en 2022 protagonizou a histórica substitución de Feijóo, abrirá unha nova etapa tras a vitoria nas urnas do 18F.
  comenta   0
"Sin tutelas, ni tu tías". Alfonso Rueda gobernará unha nova lexislatura en Galicia, pero esta, a diferencia da anterior, será a súa lexislatura, non a de Feijóo. Cambian as formas e os discursos, pero non as políticas. O líder do PPdeG terá ao Goberno de Pedro Sánchez na diana, afondará nas súas políticas actuais e buscará pactos nunha política industrial que insistirá nos grandes proxectos e na enerxía eólica.
  comenta   0
Crítica a falta de concreción na oferta de pactos en industria e reivindica unha política "activa" en enerxía, con "diálogo e convivencia".
  comenta   0
Impulsar a gratuidade das primeiras matrículas universitarias está entre as medidas que prometeu priorizar, algunhas xa en marcha.
  comenta   0
A comisión de expertos para o desenvolvemento e uso ético da Intelixencia artificial en Galicia celebrou este martes a súa segunda reunión en Santiago de Compostela, na que coñeceu a opinión dos expertos sobre as posibles alternativas para a xestión e seguimento da implantación desta tecnoloxía na Administración e do sector público autonómico de Galicia.
  comenta   0
Alberto Pazos segue de portavoz e Paula Prado, de viceportavoz primeira con Cristina Sanz e María Martínez tamén de viceportavoces. Ourense é a única provincia que non está representada na dirección do grupo popular.
  comenta   0
A ministra de Sanidade, Mónica García, apostou por implantar gardas de 17 horas antes de abolir definitivamente as de 24 horas a través dunha reforma no Estatuto Marco, porque é un cambio "estrutural" que ten que darse "aos poucos" e "progresivamente".
  comenta   0
Para seguir avanzando na organización no Pazo do Hórreo, onde se manterá practicamente a mesma distribución do grupo.
  comenta   0
Estará acompañado pola exministra de Agricultura Elena Espinosa; a exalcaldesa de Lugo Lara Méndez; e a deputada Carmen Rodríguez Dacosta como viceportavoces.
  comenta   0
O nomeamento de Ethel Vázquez na Mesa da Cámara galega aveciña cambios na Xunta cun Rueda que aposta por dar peso ao "partido". O BNG amosa o seu músculo no Parlamento mantendo as súas reivindicacións históricas. Besteiro estrease cun grupo minguado e ausencias na bancada do público e Ourense semella que dará que falar durante os vindeiros catro anos.
  comenta   0
Santalices asume a Presidencia "por última vez". A este órgano vai tamén unha conselleira, Ethel Vázquez, e unha socialista tras cederlle o BNG un posto. O PPdeG presume de maioría absoluta e a oposición pide que escoite e teña en conta a esa outra metade de Galicia.
  comenta   0
A pesar de poder ocupar os dous postos, os nacionalistas decidiron manter a pluralidade na Mesa da Cámara.
  comenta   1
Deixará a Consellería, mentres que Miguel Santalices continuará como presidente e Elena Candia como vicepresidenta primeira.
  comenta   0
As obras da terceira fase de urbanización dunha parcela do parque empresarial de Morás, en Arteixo, concluirán en decembro.
  comenta   0
O presidente da Xunta refírese á posibilidade de que os nacionalistas non lle cedan un posto ao PSdeG na Mesa do Parlamento. "O desenlace pode ser interesante", ironiza.
  comenta   0
Desde este sábado, 16 de marzo, e ata o próximo 5 de abril, está aberto o prazo para solicitar algunha das 10.500 prazas públicas das máis de 30.000 (públicas, privadas e de iniciativa social) que conforman a rede de escolas infantís que existen en Galicia.
  comenta   0
Tellado acusa a Sumar de "cómplice" no caso Koldo e Yolanda Díaz afea a corrupción do PP coa situación de Baltar que tampouco dimitiu como senadro.
  comenta   0
Tradicionalmente os principais partidos están sempre representados na Mesa da Cámara, a pesar de que as contas non dean. Por iso, está por ver se o BNG lle cede un posto ao PSdeG e se o PP cambia de presidente e elixe a alguén que está no actual goberno da Xunta.
  comenta   0
O Pleno do Congreso debaterá e votará este martes unha proposición de lei aprobada no seu día pola Asemblea da Comunidade de Madrid a proposta do Goberno de Isabel Díaz Ayuso para que os Parlamentos autonómicos non poidan propor o nomeamento de xuíces para os Tribunais Superiores de Xustiza da súa comunidade.
  comenta   0
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, reuniu a membros da dirección do partido e aos presidentes das comunidades e cidades autónomas gobernadas polo PP desde o venres ao domingo en Córdoba.
  comenta   0
Os presidentes de comunidades autónomas do PP que se reúnen esta fin de semana en Córdoba comprometéronse a traballar por implantar unha gratuidade "progresiva" no nivel de educación infantil para a franxa de idade de cero a tres anos, e para promover unha Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (EBAU) "común" nos territorios onde gobernan de cara ao próximo ano 2025.
  comenta   1