Un home da Estrada será xulgado por tentar matar á súa exparella cunha navalla despois de acabar a relación

A relación finalizou en outubro de 2021, e aí empezou a ameazar con matar á muller e á súa filla, ademais de dicirlle a un veciño xa en xuño de 2002 que as "cortaría en cachiños".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 17/09/2023 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o día 21 a un home, de nacionalidade portuguesa, acusado de tentar matar á súa exparella na Estrada. Ademais dun delito de homicidio en grao de tentativa, acúsaselle de ameazas e de danos, así como de lesións con arma polos que pide penas que suman 16 anos e seis meses de cárcere.

O Ministerio Público sostén que acusado e vítima mantiveron unha relación sentimental durante catro anos e medio, convivindo no mesmo domicilio na Estrada, ata que finalizou a relación, en outubro de 2021. No momento inmediatamente posterior a finalizar a relación sentimental, en data non concretada dos primeiros días do mes deoctubre de 2021, Fiscalía asegura que o home "co propósito de menoscabar o patrimonio" da muller esnaquizoulle mobiliario da casa.

Tamén empezou a ameazar con matala a ela e á súa filla, ademais de dicirlle a un veciño xa en xuño de 2002 que as "cortaría en cachiños". Ese mesmo mes, a última hora da tarde do 17 de xuño, cunha navalla "e tratando de acabar coa vida" da súa exparella abalanzouse sobre ela tratando de agredila, chegando a alcanzala e lesionala. A agresión non foi a máis pola intervención doutra persoa, que tamén sufriu lesións.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta