Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2023 | Actualizada ás 13:48
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou "claridade" ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e convidoulle a que, se non pretende adiantar as eleccións antes de final de ano, que o "descarte". A preguntas dos medios sobre esta cuestión, despois de que este mesmo xoves Rueda dixese que a súa intención é "seguir gobernando" fronte á "parálise" do Executivo central e que entre os seus proxectos ten o orzamento galego que prevé "executar"; Ana Pontón considerou que a resposta debe ser "clara" e que se isto signifique que non vai facer adianto electoral, ten que "descartalo".
En todo caso, contrastou a visión de Rueda para sinalar que o seu goberno está "absolutamente paralizado" e que está coa "calculadora na man" en lugar de "estar centrado en dar solucións á crise de prezos" ou en "como abaratar o inicio de curso". Así, lamentou que "estea a xogar con este asunto" e pediulle "claridade". "O que ten é que descartalo", aseverou Pontón, quen reiterou, en todo caso, que o PP está "ante un fin de ciclo" e que no BNG están "en disposición para o cambio galego".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.