Ana Pontón di que o PPdeG está "no final do seu ciclo político" e o BNG "no inicio" do seu

Utilizará o debate do estado do país para anunciar 10 eixos tranformadores e de futuro para un cambio de goberno en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/09/2023 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, está convencida de que o o PPdeG está ao final dun ciclo político. Así o sinalou durante co grupo parlamentario para fixar as liñas do debate do Estado do País previsto para os días 9,10 e 11 de outbro. 

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ante o Consello Nacional
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ante o Consello Nacional | Fonte: BNG

"O debate vai marcar o final de ciclo do Partido popular e o inicio do proxecto do BNG que representa  a esperanza e o futuro”, dixo. Ao mesmo tempo, anunciou un paquete de medidas urxentes para protexer ás persoas máis vulnerables e axudar á sociedade galega a afrontar a crise económica.

Na súa intervención, Pontón defenderá 10 eixos transformadores e de futuro para poñer en marcha unha "Galiza viva, dinámica, orgullosa, científica e feminista". Tamén criticará a xestión política do PPdeG, tras 14 anos de goberno "e deixando unha Galiza peor da que atopou e perdendo posicións en todos os indicadores sociais e economicos".

"Co PP, Galiza perde peso político pola falta de transferencias, un financiamento que nos discrimina e a submisión do Partido popular ao PP de Madrid", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Queimaño

O PP está no fin dun ciclo sí, no Estado.