Cinco científicos da USC, UDC e UVigo, 'Medallas de Investigación' da Real Academia Galega de Ciencias

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2023 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) recoñeceu coas 'Medallas de Investigación' a cinco científicas e científicos galegos en activo das universidades de Santiago de Compostela (USC), A Coruña (UDC) e Vigo (UVigo).

Trátase de Aurora Grandal, David Posada, Fernando Obelleiro, Jesús Salgado e Ricardo Cao, que recibirán esta distinción que valora as traxectorias singulares e consolidadas en investigación, desenvolvidas en Galicia, ademais de fomentar a promoción da ciencia e a tecnoloxía galegas para tratar de difundir á sociedade o aprecio polos valores científicos.

A entrega das medallas terá lugar no acto académico de celebración do Día da Ciencia en Galicia, o vindeiro mércores 4 de outubro no Pazo de Fonseca, en Santiago.

En concreto, David Posada (UVigo) foi premiado en Bioloxía e Ciencias da Saúde; Jesús Salgado (USC), en Ciencias Económicas e Sociais; Fernando Obelleiro (UVigo), no campo das Ciencias Técnicas; Ricardo Cao (UDC), medalla de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación; e Aurora Grandal (UDC), na sección de Química e Xeoloxía.

O científico galego David Posada
O científico galego David Posada | Fonte: UVigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta