Vitoria Núñez presidirá a xestora do PP local de Ourense tras a marcha de Manuel Cabezas

Víctoria Núñez é actualmente xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e é filla do que fóra un dos impulsores de Centristas de Galicia e primeiro presidente democrático da Deputación de Ourense, Victorino Núñez, quen tamén presidiu o Parlamento de Galicia co PP.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/10/2023 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A xunta directiva provincial do PP de Ourense designou unha xestora no Partido Popular da cidade con Vitoria Núñez como presidenta. O órgano rexerá o partido ata a celebración dun congreso tras a renuncia do que era presidente local, Manuel Cabezas. 

Vitoria Núñez presidirá a xestora do PP local de Ourense tras a marcha de Manuel Cabezas
Vitoria Núñez presidirá a xestora do PP local de Ourense tras a marcha de Manuel Cabezas | Fonte: PPdeG

A xunta directiva provincial designou por unanimidade esta xestora nunha reunión na sede do PP de Ourense celebrada na tarde do luns e á que asistiu o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda; a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; e o presidente provincial, Manuel Baltar. Do acto informou o PP nun comunicado.

Víctoria Núñez é actualmente xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente e é filla do que fóra un dos impulsores de Centristas de Galicia e primeiro presidente democrático da Deputación de Ourense, Victorino Núñez, quen tamén presidiu o Parlamento de Galicia co PP.

Formarán parte como vogais da xestora a conselleira de Emprego e Igualdade, Elena Rivo; a viceportavoz terceira no Parlamento, Marisol Díaz Mouteira; a senadora Rosa Sánchez Gándara; o presidente de Novas Xeracións na cidade, Alexandre Novoa; e os ex concelleiros Mario Guede e Eugenia Díaz Abella. Ademais do director do colexio Divino Maestro, Álvaro Cid Bragado; os ex presidentes de NNXX na cidade, José Estévez; e a directora do centro de educación Epapu de Ourense, Ana Muñoz. Serán membros natos os concelleiros do grupo municipal afiliados á formación: Ana Méndez, Jorge Pumar, Noelia Pérez, Inma Moreiras, Miguel Ángel Michinel e Sonia Ogando.

Este órgano estará vixente ata que teña lugar a celebración dun congreso e se designe un novo presidente local. Tanto a través da xestora como do grupo municipal, os populares destacaron que manteñen o seu compromiso de traballar pola cidade de Ourense, e seguir incorporando ás súas filas veciños e veciñas que desexen achegar novas ideas e proxectos de futuro para a urbe.

INTEGRANTES DA XUNTA DIRECTIVA AUTONÓMICA DO PPDEG

Como segundo punto da orde do día, designouse aos membros que representarán á directiva provincial na xunta directiva autonómica do PPdeG. En concreto, estarán integrados neste órgano María del Carmen González, María Teresa Barge, María del Carmen Yáñez, Mario Rodríguez, César Enríquez "Cachín", Patricia Torres e Xosé Miguel Pérez "Chemi".

Licenciada en Dereito pola Universidade CEU San Pablo, ingresou como funcionaria de carreira no Corpo Superior de Administración Xeral da Xunta de Galicia en 2003. Ocupou distintos cargos de responsabilidade na Administración autonómica desde o 2003 ata a actualidade, que exerce de xefa territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

DIMISIÓN DE CABEZAS

A finais do pasado mes de agosto, o que fóra candidato á alcaldía polo Partido Popular nas pasadas eleccións municipais do 28 de maio no concello de Ourense, Manuel Cabezas, presentou a súa renuncia á acta de concelleiro e trasladou ao presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, a súa vontade de deixar o liderado do partido na cidade en mans dos seus compañeiros. Nas pasadas eleccións locais os populares situáronse como segunda forza, con sete concelleiros; por detrás de Democracia Ourensana, o partido de Gonzalo Pérez Jácome, que logrou dez edís e alcanzou a Alcaldía tras un acordo de investidura co PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta