Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2023 | Actualizada ás 19:17
Sete exdiputados galegos no Congreso recibirán as indemnizacións previstas pola Cámara baixa para os parlamentarios que quedaron sen escano e non teñen ingresos como a prestación de desemprego.
En concreto, trátase do que fose secretario xeral do Podemos Galicia, Antón Gómez Reino; os exparlamentarios do Partido Popular Diego Gago e María Velentina Martínez Ferro; así como os socialistas Montserrat García Chavarría, Javier Cerqueiro, Diego Taibo e Uxía Tizón.
A Cámara baixa contempla estas indemnizacións por cesamento ao considerar que a dedicación da actividade política parlamentaria obriga, en moitas ocasións, a quen forma parte das Cámaras a deixar as súas ocupacións habituais, de modo que, cando se produce o cesamento, a volta á devandita ocupación adoita carrexar diversas dificultades, como a "carencia de cobertura de desemprego".
Con esta finalidade, sinala o Congreso na resolución, establécese unha indemnización por cesamento, graduada en función dos anos de dedicación ás Cámaras, e que, con límites estritos, permite afrontar as dificultades apuntadas.
Deste xeito, a contía da indemnización será o equivalente dunha mensualidade da asignación constitucional por cada ano de mandato parlamentario nas Cortes Xerais ou fracción superior a seis meses, e ata un límite máximo de vinte e catro mensualidades. Así, o que recibirá unha maior achega será Gómez Reino e o que menos, o exdiputado do PP Diego Gago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.