Gonzalo Caballero será a competencia de Besteiro nas primarias do PSdeG á Xunta

Pódense presentar candidatos ata o mércores 11, para logo comezar coa presentación de avais, a campaña interna e, finalmente, a votación o domingo 29.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2023 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O que fóra secretario xeral do PSdeG e actual parlamentario autonómico, Gonzalo Caballero, avanzou este martes a súa intención de competir co político lucense José Ramón Gómez Besteiro nas primarias nas que os socialistas galegos elixirán o seu candidato á Presidencia da Xunta.

Así o confirmou Gonzalo Caballero en declaracións aos medios nos corredores da Cámara galega. Este supón un primeiro paso no proceso interno do PSdeG, que contempla de prazo ata este mércores, día 11 de outubro, para presentar as candidaturas.

A partir de aí os aspirantes postulados terán de prazo para a presentación de avais ata o día 18, xornada na que se proclamarán de forma provisional os candidatos. De ratificarse as candidaturas, a campaña interna terá lugar do día 19 ao 28 de outubro. O calendario das primarias socialistas contempla unha primeira xornada de votación o domingo día 29, que se repetiría o día 5 de novembro no caso de que fose necesario.

O deputado do PSdeG e exsecretario xeral da formación, Gonzalo Caballero, xunto aos parlamentarios Noelia Otero, Pablo Arangüena e Mariña Ortega
O deputado do PSdeG e exsecretario xeral da formación, Gonzalo Caballero, xunto aos parlamentarios Noelia Otero, Pablo Arangüena e Mariña Ortega | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta