O paraugas non se garda: as borrascas Aline e Bernard deixaron catro veces máis choiva das normal

Segundo a Aemet nos próximos días seguirán chegando frontes asociadas ás borrascas atlánticas. Alerta laranxa por choivas en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/10/2023 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

As borrascas 'Aline' e 'Bernard' deixaron catro veces máis choiva da normal entre o 17 e o 22 de outubro, segundo conclúe a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que espera que sucesivas frontes sigan chegando durante o que queda de semana e, por tanto, seguirán caendo precipitacións en boa parte do país.

O portavoz da Aemet, Rubén do Campo, sinala que estas borrascas están a conferir un carácter para o mes de outubro máis chuvioso do normal, xa que entre o día 1 e o 22 acumuláronse 61 litros por metro cadrado, cando o normal neses 22 días son 52 litros por metro cadrado. Así, precisa que no que vai de mes choveu un 117 por cento máis do normal.

SEGUEN AS CHOIVAS E AS TEMPERATURAS OUTONAIS

En canto aos próximos días, Do Campo apunta que seguirán chegando frontes asociadas ás borrascas atlánticas que deixarán choivas en particular en Galicia e zonas próximas, onde se esperan as máis abundantes. Tamén, soprarán refachos de vento moi fortes, principalmente na metade norte e haberá temporal marítimo no Atlántico galego e na cornixa cantábrica, sobre todo o xoves. En canto a fin de semana, o portavoz do AEMET, adiantou que seguirán chegando ventos húmidos procedentes do Atlántico e que o sábado as choivas afectarán sobre todo a Galicia. 

Unha muller suxeita un paraugas durante o paso da borrasca Aline
Unha muller suxeita un paraugas durante o paso da borrasca Aline | Fonte: Álvaro Ballesteros

ALERTA LARANXA

Por outra banda, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou para este xoves a alerta laranxa por choiva no interior da provincia de Pontevedra. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso comezará esta medianoite e espérase unha precipitación acumulada en 12 horas de 80 mm.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta