Por E.P. | A CORUÑA | 02/11/2023 | Actualizada ás 13:38
A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a desactivación do escenario de alerta ou escaseza de auga na zona do río Anllóns e costa da Coruña ata o límite de Arteixo, que pasa a estar en prealerta ou escaseza moderada.
En cumprimento co disposto a nivel da normativa autonómica, o pasado 9 de outubro activouse o citado escenario dado a situación dos encoros.
Tras analizar os indicadores dos que se dispoñen, constatouse, precisa Augas de Galicia, e recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), "unha melloría considerable". "Por tanto, danse as condicións para pasar do escenario de alerta ou escaseza severa ao de prealerta ou escaseza moderada".
Todo iso faise aplicando o plan especial de seca que dispón que Augas de Galicia é o órgano competente para a desactivación deste tipo de situacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.