Abre o prazo das axudas destinadas a viveiros e agricultores afectados por pragas de corentena

Os organismos polos que poderán solicitar unha indemnización son a avelaíña guatemalteca da pataca, o Fisarium circinatum do piñeiro, o virus rugoso do tomate e a flavescencia dourada da vide.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2023 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a orde na que se recollen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal aos viveiros e explotación agrícolas afectadas por organismos de corentena deste ano. As solicitudes poden presentarse por vía telemática mediante a sede electrónica da Xunta e o prazo de presentación será dun mes a partir do día seguinte á súa publicación no DOG.

Segundo informou a Xunta, os beneficiarios poderán ser persoas físicas ou xurídicas e entidades sen personalidade xurídica, cuxos vexetais ou produtos vexetais fosen afectados por medidas fitosanitarias adoptadas por presenza dunha praga de corentena pola autoridade correspondente. Os organismos polos que poderán solicitar unha indemnización son a avelaíña guatemalteca da pataca, o Fisarium circinatum do piñeiro, o virus rugoso do tomate e a flavescencia dourada da vide.

As axudas serán destinadas para o financiamiento de procesos de destrución, desinfección, esterilización ou tratamento aplicado a vexetais contaminados, a substratos de cultivo e terreos recoñecidos como contaminados, ou a materias de produción, acondicionamento, embalaxe ou almacenamento, así como a medios de transporte que estivesen en contacto con eses vexetais. Este ano indemnizará aos titulares de parcelas de viñedo cuxas plantas de vide fosen eliminadas e destruídas baixo o control oficial como consecuencia da detección de flavescencia dourada de vide.

Praga da pataca
Praga da pataca | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta