O alcalde de Ourense mandou derrubar a casa de Reza o primeiro día dos tres meses que tiña para facelo

O avogado da familia afectada recorrerá ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e lembra que o xuíz que fallou en contra do recurso é o mesmo que ordenou a demolición da casa.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 13/06/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, decidiu derrubar casa de Reza tras recibir o pasado 10 de xuño a notificación do xulgado. Un que ordenaba ao Concello tirar coa casa durante os tres meses seguintes. É dicir, que non agardou nin un día para executar a sentenza.

Agustín Fernández, rexedor de Ourense
Agustín Fernández, rexedor de Ourense

O xulgado de Ourense desestimou a medida cautelar solicitada pola propietaria da vivenda de Reza, Rosa Alonso, para pedir a suspensión da demolición da súa casa. Unha medida que xa era inviable porque o pasado mércores comezara o derrubo da súa vivenda.

No auto o xuíz esgrime que o Concello de Ourense "non necesita darse a si mesma licenza nin autorización urbanística para poder executar unha orde xudicial firme" tras asegurar que "unha vez acordada xudicialmente", "non se require licenza municipal para a demolición".

Ademais, criticase que a propietaria "non só non recorreu o auto senón que en todo o mes transcorrido desde entón non manifestou nada no devandito proceso xudicial". Unha aseveración que o letrado de Miguel Fernández di que é "falsa" porque lembra que a afectada solicitou un escrito ao consistorio, do 30 abril de 2015, "sen recibir contestación" e lembrou que non existe proxecto de demolición.

Ademais, critica que o xuíz que asina este novo auto "é o mesmo que ordenou a demolición" polo que pedirá "revisar de principio a fin todo o procedemento administrativo e esixir as responsabilidades oportunas". E avanzou que pensa recorrer devandito auto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a pesar de que xa se está executando a demolición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 mariasss

ES falso: 364 días después -Auto 10 de junio de 2014: el Ayuntamiento tiene 3 meses par contratar y concluir el derribo. -Auto de 30 de octubre de 2014. Reiterando la orden de derribo. -Sentencia 4 diciembre 2014 Reiterando la orden de derribo. -Auto de 5 de mayo de 2015 que ordena perentoriamente al Concello que “sin más dilación realice la obra material de la demolición. .. si los moradores de la vivienda impidiesen la entrada en ella de los operarios contratados por el Ayuntamiento, se podrá actuar compulsivamente con auxilio de la fuerza pública. En este último caso los agentes de la Policía identificarán a las personas que impidan la entrada de la edificación, formulando contra ellas la correspondiente denuncia en el Juzgado de Guardia…” – Providencia 9 de junio 2015 remitida al Concello reiterando el cumplimiento del Auto de 5 de mayo de 2015.

1 aqueloutro

Non deixes que a verdade escaralle un artigo tan bien feitiño...