Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2023 | Actualizada ás 16:05
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pon en marcha un programa de mobilidade no que 200 estudantes galegos e outros 200 franceses participarán durante este curso. A esta iniciativa súmase un novo programa de intercambio entre alumnado de centros educativos galegos e da rexión académica Bourgogne-Franche Comté no que participarán seis estudantes de Galicia e outros tantos de Francia.
O obxectivo é propiciar o coñecemento mutuo das culturas e linguas de ambos os países a través da asistencia do alumnado a centros educativos e a convivencia en familias doutro país. Así, no caso do programa 'EduFrance', serán sobre 200 os alumnos de terceiro e cuarto de ESO e primeiro de Bacharelato de 20 centros públicos galegos que participarán nun intercambio cultural e lingüístico con alumnado de centros educativos franceses das rexións académicas de Hauts-de-France e Bretagne.
A estancia en Francia terá unha duración dun máximo de 10 días naturais e poderá desenvolverse en calquera momento do curso 2023/2024. En canto ao programa 'Picasso Mob' participarán seis alumnos galegos de primeiro de Bacharelato e aloxaranse durante catro semanas en domicilios de estudantes franceses e acudirán a clase ao seu centro escolar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.