A asociación Faladoiros de Vigo lanza o proxecto “Fálao, ti que podes”, unha iniciativa para continuar os “faladoiros” a través da Internet. O concepto, publicitado a través das redes sociais, tivo unha boa acollida, sobre todo entre neofalantes galegos da diáspora e tamén neofalantes non galegos.