Cal será o futuro de Feijóo se Pedro Sánchez volve ser presidente?

Rueda di que "non se lle ocurre" que haxa no PP outro "líder mellor" para continuar na oposición.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/11/2023 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

Que vai pasar con Alberto Núñez Feijóo tras os acordos de investidura de Pedro Sánchez?. Nos útimos tempos, fontes internas do PP apuntaban a que é difícil que o ex presidente da Xunta aguante catro anos na oposición, en parte, polos malos resultados colleitados nas pasadas eleccións xerais e, por outra banda, pola oposición interna que ten dentro do seu partido, principalmente, no PP de Madrid.

(E-D) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo e ao expresidente do Goberno, Mariano Rajoy
(E-D) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo e ao expresidente do Goberno, Mariano Rajoy | Fonte: Agostime - Europa Press

Precisamente, a nova investidura de Pedro Sánchez volve suscitar preguntas incómodas dentro do PP relacionadas sobre a continuidade e o futuro do seu actual líder. Ao ser preguntado por esta cuestión na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego dubidou un pouco e, aínda que apoia a quen foi o seu presidente, non foi contundente na resposta. 

"Pois a min gustariame que seguira e, logo de meses complicados, está realizando unha magnífica labor e se el quere non se me ocurre un líder mellor --para continuar á fronte do PP--", dixo. 

Nos últimos meses foron xurdindo voces internas moi críticas coa xestión que Feijóo e o seu equipo están facendo dos resultados das eleccións, especialmente, no PP de Madrid. Son xa coñecidas as diferencias entre a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, e o líder popular, a última; considerar que o pacto entre Junts e PSOE é unha "dictadura". Unhas afirmacións que non comparte Rueda: "Cada un ten que saber o que di. Eu prefiro que o explique cada unha das partes", respondeu ao ser preguntado ao respecto.

É a penúltima diferencia de criterios dentro do PP. Unhas diferencias que se cimentaron xa no día despois das eleccións tras a decisión de Feijóo -- a diferencia de Rajoy-- de intentar ir a unha investidura a pesar de non ter os apoios necesarios. "Ese foi o primeiro erro", apuntan fontes consultadas por GC que sinalan que en Madrid culpan ao "clan galego" --os colaboradores que o ex presidente da Xunta levou a Madrid-- de repetir "estatexias erróneas", entre elas, a de permitir que o deputado Borja Sémper falara euskera na Cámara para defender a postura do PP sobre o uso de linguas cooficiais no Congreso. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta