Aparece en Muros con vida pero síntomas de hipotermia a praceira de 74 anos de Boiro da que se perdera a pista o xoves

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2023 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O GES de Muros localizou na tarde deste venres á muller de Boiro da que se perdeu o rastro na tarde deste xoves, despois de que acudise a esa localidade próxima á lonxa e visitar uns amigos. Fontes do 112 confirmaron a Europa Press que María Pura Vidal Pérez foi atopada na estrada de Paxareira, en Muros, polo GES.

Buscan a unha praceira de Boiro da que se perdeu o rastro en Muros
Buscan a unha praceira de Boiro da que se perdeu o rastro en Muros | Fonte: SOS DESPARECIDOS

Foi localizada con vida, pero presentaba signos de hipotermia e estaba desorientada, polo que foron avisados os efectivos de Urxencias Sanitarias 061 para asistir á muller, de 74 anos. No dispositivo participou tamén a Garda Civil da Coruña e tamén o Concello de Boiro, de onde é orixinaria a muller, prestara a súa dispoñibilidade de axuda, na que colaboraron os efectivos de Muros.

Segundo confirmaron fontes municipais a Europa Press, a muller desprazouse coa súa furgoneta a Muros, onde tivo o seu último contacto cuns amigos tras acudir á lonxa. Sos Desaparecidos tamén enviou esta tarde un aviso para atopar a esta muller, de 74 anos que vestía pantalón con cadros, camisa fucsia, bandoleira beige con detalle vermello e lentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta