Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/08/2006 | Actualizada ás 21:35
Touriño é o que peor parado sae da crise xunto con Zapatero e a ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, que é a que peor nota saca. Tampouco aproba o vicepresidente galego, Anxo Quintana, e o líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo.
Segundo estes datos, provisionais e sobre unha mostra pequena, os galegos suspenden ó executivo, principalmente, durante os primeiros días da vaga de lumes. Sobre a comparación co Prestige, son maioría os galegos que aseguran que a catástrofe do petroleiro foi moito peor que os incendios dos últimos días. En todo caso, este medio, alerta sobre erros nos datos desta sondaxe pola escasede de datos do seu campo de mostreo.
Asemade, non só un, senon varios xornais, elaboran enquisas que serán publicadas, probablemente, en setembro. Algún mesmo paralizou a que tiña preparada para dar con motivo do ano de goberno tras esta vaga de lumes que modificou a percepción que os galegos teñen do seu executivo. Galiciaconfidencial volve lembrar que borrará todos os comentarios que considere ofensivos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.