Unha saída de vía deixa unha persoa ferida en Paderne

Ante a gravidade do accidente, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 derivou ao momento o helicóptero medicalizado con base en Santiago

Por E.P. | A CORUÑA | 16/11/2023 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida grave nun accidente de tráfico rexistrado no municipio coruñés de Paderne, despois de saírse da vía co vehículo que conducía.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 15,30 horas deste xoves no inicio da estrada CP-3901, en Vilamourel.

Ante a gravidade do accidente, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 derivou ao momento o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Os Bombeiros de Betanzos, pola súa banda, tiveron que liberar á vítima, que quedara atrapada.

No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago
Helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta