Atracan a punta de pistola unha administración de lotaría en Catoira

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/11/2023 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia



A Garda Civil esta investigando un atraco ocorrido á primeira hora deste xoves na localidade pontevedresa de Catoira e na que o ladrón portaba unha pistola.

O suceso ocorreu pouco antes das 9,30 horas da mañá na administración A Viquinga, situada no centro de Catoira, que nese momento abría as súas portas.

Un individuo que portaba unha arma introduciuse no local e levou a recadación da caixa rexistradora, que estes días é elevada debido ás vendas de Lotaría Nacional. A Garda Civil investiga os feitos para dar co ladrón.

Coches da Garda Civil
Coches da Garda Civil | Fonte: CEDIDO POLA GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta