Asistida unha persoa tras a mala combustión da caldeira dun local de hostalaría en Vilanova de Arousa

Segundo informou o 112, recibiron a chamada dun particular que informou do escape de monóxido de carbono dunha caldeira e indicou que tiña picores na garganta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2023 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

Unha persoa recibiu asistencia sanitaria ao atopase indisposta tras a mala combustión da caldeira dun establecemento de hostalaría situado no lugar de Aduana de Corón, no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa. Segundo informou o 112, recibiron a chamada dun particular ao redor das 18,00 horas que informou do escape de monóxido de carbono dunha caldeira e indicou que tiña picores na garganta.

A central de emerxencias avisou aos Bombeiros de Vilagarcía, á Garda Civil, Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, así como aos técnicos da empresa subministradora deste gas. Unha vez no punto, os Bombeiros han confirmaron que se tratou do desprendemento de monóxido de carbono pola mala combustión da caldeira.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta