Sánchez rebaixa a presenza de ministros galegos no futuro goberno

Só continúan Yolanda Díaz, líder de Sumar, e, por agora, a ministra de Economía, Nadia Calviño. As dúas serán vicepresidentas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/11/2023 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

O novo Executivo de Pedro Sánchez terá menos presenza de ministros galegos. O nomeamento da voceira de Más Madrid e líder da oposición de Madrid a Ayuso, Mónica García, como ministra de Sanidade deixa ao galego e ex delegado do Goberno, José Manuel Miñones, fóra do futuro goberno.

(E-D) A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz; a vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño; e a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera
(E-D) A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz; a vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño; e a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera | Fonte: Alberto Ortega

Deste xeito, a presenza de ministros galegos pasa de tres a dous conservando a súa cadeira a ferrolá Yolanda Díaz, líder de Sumar, que seguirá como vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, e a coruñesa Nadia Calviño, que seguirá como vicepresidenta primeira e ministra de Economía.

Miñones sae do executivo polas cotas de reparto entre o PSOE e Sumar, xa que o ministerio de Sanidade quedou na área de repartición dos de Yolanda Díaz, xunto con Traballo, Cultura, Dereitos Sociais e Consumo, Infancia e Xuventude e Industria, .

E CALVIÑO, DE RETIRADA

Con todo, é probalbe que en breve haxa máis cambios no Executivo de Pedro Sánchez xa que Calviño podería acabar como presidenta do Banco Europeo de Investimentos ( BCI), tras superar Alemaña as reticencias iniciais a súa candidatura.

Polo tanto, e se non entra outra ministra galega no seu lugar, este goberno de Sánchez pode rematar como un dos executivos con menos ministros en Madrid, xunto cos de Rajoy onde só el era galego. Foi Zapatero o presidente que máis apostou por ministros e ministras deste país tendo nos ministerios aos galegos Elena Espinosa, Elena Salgado, José Blanco e Francisco Caamaño.

MIÑONES

O ata agora ministro de Sanidade, José Miñones, deixa o cargo a Mónica García despois de pór fin á pandemia por covid-19 en España o pasado mes de xullo e tras impulsar o dereito ao esquecemento oncolóxico para persoas sobreviventes de cancro. O pasado 28 de marzo, Miñones recolleu a testemuña da anterior ministra, Carolina Darias, tras ser delegado do Goberno en Galicia, desde 2021, e con anterioridade alcalde de Ames.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

As mentiras de Besteiro teñen a patas no só curtas senon efémeras... Manda Carallo PSdG !