Coñece ás 'Galicientíficas'

Son mulleres, son innovadoras, son emprendededoras e son, sobre todo, e ante todo, científicas. No Galicia Confidencial comezamos unha serie de reportaxes a mulleres científicas da Universidade de Santiago que levan a cabo estudos pioneiros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/11/2023 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Poderíades mencionar o nome dunha científica? Se a resposta é negativa, queremos poñerlle solución. Desde o Galicia Confidencial presentamos ás '#Galicientiticas', mulleres científicas que traballan dentro do ámbito da USC e que levan a cabo investigacións e estudos pioneiros. Atópanse en centros singulares da Universidade como o CIQUS, CITIUS, CIMUS, IGFAE ou en distintas facultades, e aportarán unha visión da súa profesión e de diferentes temas. 

galicientificas nueva
galicientificas nueva

Cunha serie de entrevistas tentaremos que vós tamén as coñezades e concienciar da importancia que teñen as súas investigacións na totalidade da sociedade. Cada semana sairá unha reportaxe e nas nosas redes sociais teredes a oportunidade de ver cómo traballan nos seus respectivos ámbitos. A intención é que poidades resolver a cuestión inicial. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta