Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/11/2023 | Actualizada ás 21:18
O presidente do PPdeG e presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este luns o apoio do goberno galego á cidade de Pontevedra, fronte á falta de investimentos por parte do Executivo central, e subliñou que os orzamentos autonómicos para 2024 recollen partidas que superan os 90 millóns en investimentos para a capital de provincia.
Así o trasladou durante a reunión da Xunta Local do PP na cidade, na que volveu a repetir que Galicia segue sendo "unha illa de estabilidade" no contexto nacional, o que permite á Comunidade Autónoma e aos concellos "sacar adiante os seus obxectivos". Rueda trasladou aos seus compañeiros de partido en Pontevedra o compromiso de "seguir defendendo a cidade" desde a Xunta e tamén "defendela fronte a Pedro Sánchez e o socialismo" e fronte ao "independentismo".
Por outra banda felicitou a Rafa Domínguez polos bos resultados nas eleccións municipais de maio, que permitiron que o PP recuperase o goberno da Deputación "tras 8 anos escuros de sectarismo" do bipartito PSOE-BNG, e por exercer unha oposición municipal "responsable e "representantiva do enfado xeneralizado da poboación cun goberno en minoría e afastado da realidade".
Pola súa banda, o presidente provincial do partido e presidente da Deputación, Luís López, convidou aos militantes do PP a "traballar como nunca" de face a 2024, para que Alfonso Rueda "alcance a maioría absoluta que necesita e siga así defendendo os intereses dos seus veciños pontevedreses desde a Xunta".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.