O presidente negouse a "branquear" o pacto entre socialistas e nacionalistas e destaca que Galicia é a comunidade que menos incrementou a súa débeda grazas á xestión "responsable" do PP.
  comenta   0
O custe mensual por cada un deses veículos sería de case 1.300 euros ao mes. No 2009 Alberto Núñez Feijóo chegaba ao Goberno da Xunta cunha campaña en contra do "despilfarro" dos audis que utilizaban Touriño e Quintana e que, previamente, utilizara Manuel Fraga.
  comenta   1
Entre outras cuestións, os populares argumentan que tras as eleccións de maio a rexedora manifestou que "dimitir non era o seu estilo", algo que fixo "poucos meses despois". "Ou mentía entón cando xa había rumores de que Elba Veleiro renunciaría ou mente agora e si houbo algún motivo" que a levou a tomar esta decisión.
Segundo trasladaron, o bipartito deixou máis de 9 millóns de débedas, dos que máis de 2,5 millóns correspóndense a facturas impagadas. Tamén aseguraron que hai facturas por importe duns 300.000 euros por traballos "sen contrato", ao que se suma o déficit de 1,5 millóns co que se pechou o exercicio pasado, e a previsión de orzamento de 300.000 euros para iluminación pública, "cando o gasto real é de 1,3 millóns".
Cre que populares e socialistas "ás veces parece que trasladan o mesmo" e lamenta que non lle outorgaron "a cortesía dos 100 días".
  comenta   0
Na denuncia dos socialistas, indícase que se aprobou un proxecto "sen seguir o procedemento legal" previsto na Lei de Contratos, e "contratando verbalmente pola concelleira de Urbanismo un proxecto novo".
Pecha a tempada de verán cos mellores datos da época Feijóo e Rueda.
  comenta   4
"É momento de estudo, de elaboración do calendario, pero iremos coa máxima prema", prometeu o alcalde de Vigo, que recoñeceu que "ten que ser canto antes, porque urxe moito". Respecto diso, subliñou que "é importantísimo" que Vigo dispoña dun novo plan, que permitirá "espazos dotacionais, espazos públicos, zonas verdes e vivendas para que a xente con menos recursos poida ter a súa vivenda en aluguer ou propiedade".
O BNG presenta a súa candidatura ao Congreso e Senado pola Coruña co deputado nacional Néstor Rego e o escritor Suso de Toro
  comenta   0
Calvo alude á "desesperación" do PSOE tras o 28M ao cuestionar os socialistas a adxudicación de contratos menores con Estado de Alarma TV
  comenta   0
Rueda respóndelle que está "moi necesitada de protagonismo". "Machismo é ter apoiado unha lei que deixou na rúa a máis de cen violadores", espetalle en alusión á Lei do só si é si".
  comenta   0
... Mais non sabemos qué é o norte, qué é o sul, o cenit e o nadir, a vida e a morte, a terra e o ceo, cál é o metro que leva ao paraíso e qué aeronave nos conduz ao inferno. Carvalho Calero
  comenta   0
O acordo, que desaloxa ao PP, divídese nun 50% e ambas as formacións coinciden en que "non houbo dificultade na repartición".
  comenta   0
Ángeles Vázquez demanda unha comisión bilateral ao Goberno sobre a lei de vivenda, pois "xa está a haber parálise". A oposición censura as cifras "practicamente nulas" de vivenda pública durante o mandato do PP.
  comenta   0
O anuncio da candidatura de Valentín González Formoso -actual secretario xeral do PSdG- para tratar de repetir un novo mandato na alcaldía do concello das Pontes nas vindeiras eleccións do 28 de Maio e o recente nomeamento de Xosé Ramón Gómez Besteiro como delegado do goberno central na Galiza, abren novas expectativas a respecto do futuro liderado do Partido Socialista no horizonte dos comicios ao Parlamento galego.
  comenta   0
Segundo os ecoloxistas, sobre o mesmo tramo costeiro, a mesma promotora (EDP) presentou tres parques eólicos, nunha operación de "fragmentación artificial"
  comenta   0
Escrivá e os líderes de CCOO e UXT replican a CEOE que esta reforma non pon en perigo nin o emprego nin a competitividade das empresas
  comenta   0
A Xunta cambia a lei do bipartito para axilizar trámites e eliminar normativas relativas á rehabilitación de casas e á compra de baixos comerciais para adicalos a vivendas.
  comenta   0
Cando Alfonso Rueda -poucas horas antes de que o Tribunal Supremo ditase sentenza sobre diversos recursos presentados a respecto da presenza de ENCE na ría de Pontevedra- afirmou que estabamos ante " algo mais que unha empresa" non solemnizaba a evidencia da condición singular dunha entidade que posúe unha longa historia conflitiva senón que estaba asumindo a dirección pública do conglomerado de empresarios e colectivos defensores da continuidade de ENCE na súa ubicación actual e, xa que logo, manifestando unha explícita belixerancia contra os sectores que veñen cuestionando a pertinencia de semellante localización industrial.
  comenta   0