As 89 prazas de policía local para 24 concellos convocan 300 persoas para o proceso selectivo

Tamén deberán pasar un recoñecemento médico para garantir que estean nas condicións idóneas para o desenvolvemento da súa actividade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2023 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

Máis de 300 persoas participan este fin de semana no terceiro exercicio do proceso selectivo de acceso a 89 prazas de Policía Local convocadas por 24 concellos de forma centralizada a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

Trátase das probas físicas que se desenvolverán no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD) e ás que se someterán os aspirantes que xa superaron o test de coñecementos e a proba de coñecemento de lingua galega do pasado setembro.

Os exercicios inclúen probas de velocidade e de resistencia xeral con carreiras de 500 e 1.000 metros lisos respectivamente; probas de potencia de tren superior --flexións de brazos para homes e suspensión en barra para mulleres-- e de potencia de tren inferior mediante salto horizontal, así como unha proba de natación de 25 metros en estilo libre.

As persoas aspirantes que superen estas probas físicas deberán someterse a unha proba psicotécnica que determine as actitudes e aptitudes persoal e a súa adecuación ás funcións policiais. Tamén deberán pasar un recoñecemento médico para garantir que estean nas condicións idóneas para o desenvolvemento da súa actividade.

O último paso do proceso corresponde ao curso selectivo de formación teórica e práctica na Academia Galega de Seguridade Pública. Así, as persoas que cheguen a esta fase formarán parte desde xaneiro da 16ª promoción de Policía Local para ser finalmente nomeadas persoal funcionario de carreira na categoría de policía no correspondente concello.

Dos 24 municipios que ofertan 89 prazas a través desta convocatoria, a maior parte son da provincia da Coruña, coa Coruña, Ames, Bergondo, Betanzos, Carballo, Ferrol, Muxía, Narón, Noia, Padrón e Porto do Son. Da provincia de Pontevedra figuran plazasen os municipios de Baiona, Caldas de Reis, Cuntis, Gondomar, Marín, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo e Vilanova de Arousa. A todos estes súmase o de Lugo.

O director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, acode ás instalacións onde se realizan as probas fisicas da Policía Local.. XUNTA
O director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, acode ás instalacións onde se realizan as probas fisicas da Policía Local.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta