O BNG reclama á Xunta un "fondo extraordinario" ante as perdas "de magnitude incalculable" do marisco nas rías

Demanda que a Xunta saia da "parálise na que está e tome medidas" para frear a perda de produtividade que veñen detectando nas rías galegas, especialmente no referido a bivalvos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2023 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O BNG solicitará a comparecencia do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, no próximo Pleno, para demandar que a Xunta saia da "parálise na que está e tome medidas" para frear a perda de produtividade que veñen detectando nas rías galegas, especialmente no referido a bivalvos.

Así o anunciou a deputada nacionalista Rosana Pérez, que mostrou a súa preocupación ante este "problema produtivo, económico e social dunha magnitude incalculable e de gravísimas consecuencias", que pon ao sector "contra as cordas" e que é "competencia exclusiva" da Xunta.

Así mesmo, propuxo a formación dun "comité extraordinario" con representantes do Goberno galego, do marisqueo, de institutos científicos e de universidades, co obxectivo de "atender de inmediato" ás persoas e confrarías afectadas e para que se analicen "rigorosamente" as causas da perda de produtividade das rías e que se elabore un plan plurianual para pór freo á situación.

O Bloque tamén manifestou que a deputada Rosana Pérez xa propuxo no pasado pleno unha moción cunha batería de propostas con "axudas inmediatas" ao sector, ademais de "intensificar as actuacións para o saneamento das rías, apoiar a criadeiros de simiente propia, crear un seguro público de produción marisqueira e controlar a introdución de especies mariñas foráneas e depredadoras".

Marisco na praia de Testal, en Noia, tras o paso da borrasca Domingos
Marisco na praia de Testal, en Noia, tras o paso da borrasca Domingos | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta