Cinco anos de cárcere para un home que inmobilizou a unha menor en Narón, aproximoulle os xenitais e bicouna

O tribunal condenouno como autor dun delito de agresión sexual labor sobre menor de dezaseis anos, co concurso da circunstancia atenuante analóxica de trastorno mental, pois ten recoñecida unha incapacidade do 48 % e, no momento no que se produciron os feitos, "estaba baixo a influencia dun previo consumo de fármacos e alcol, o que afectaba notablemente ás súas facultades volitivas".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/12/2023 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a cinco anos de cárcere e a oito anos de liberdade vixiada a un home que abordou a unha menor de 15 anos en Narón, inmobilizouna, aproximando os seus xenitais a ela, bicouna na parte superior da cara en reiteradas ocasións e tentou bicala na boca.

Ao non cesar a resistencia da adolescente, segundo relata a Sala, e ante os seus berros de auxilio, o procesado mantívoa suxeita pola boneca esquerda e arrastrouna a un camiño de pedras dunha zona arboreda onde comeza un parque. Finalmente, o acusado fuxiu tras ser sorprendido por unha transeúnte que acudiu en auxilio da vítima.

Así, o tribunal condenouno como autor dun delito de agresión sexual labor sobre menor de dezaseis anos, co concurso da circunstancia atenuante analóxica de trastorno mental, pois ten recoñecida unha incapacidade do 48 % e, no momento no que se produciron os feitos, "estaba baixo a influencia dun previo consumo de fármacos e alcol, o que afectaba notablemente ás súas facultades volitivas".

Ademais dos cinco anos de cárcere, o tribunal prohibiulle aproximarse á afectada e comunicarse con ela por calquera medio durante oito anos; e inhabilitouno para calquera profesión, oficio ou actividades que leven contacto con menores durante dez anos. En concepto de responsabilidade civil, deberá indemnizar á prexudicada con 3.000 euros, pois, aínda que non sufriu lesións como consecuencia dos feitos, desde esa data, durante un tempo, evocou algunhas noites a situación vivida de maneira dolorosa, pero non traumática, situación que superou sen necesidade de tratamento algún.

Os feitos sucederon sobre as sete e media da mañá do 24 de xaneiro de 2023, cando era de noite e apenas transitaban persoas polo lugar. No fallo, os maxistrados subliñan que o relato da vítima "cimenta con absoluta solidez a petición da acusación, na medida en que dá unha versión do feito plenamente crible polo seu contido e estrutura, xa que cumpre as pautas de coherencia, persistencia e falta de motivacións espurias que permiten dar valor probatorio", á vez que destacan que esa testifical, "por si mesma sólida e rotunda, goza ademais do respaldo que supón o resto da proba practicada". A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso ante o TSXG.

Exterior da Audiencia Provincial da Coruña
Exterior da Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta