A Xunta anuncia 2.335 prazas en Educación, Sanidade, CRTVG e Administración Xeral

A maior parte, 1.750 serán para Educación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2023 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta deu este xoves luz verde ás Ofertas Públicas de Emprego para a cobertura de 2.335 prazas en diferentes postos da Administración galega. Serán,  1.750 prazas en Educción, 540 na Administración Xeral da Xunta, 19 en Inspección Sanitaria e Saúde Pública e 26 na CRTVG.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, o presidente detallou que, a proposta da Consellería de Facenda, aprobouse a OPE pola que se convocan 26 prazas para a CRTVG, 14 de quenda xeral --de acceso libre-- e 12 de quenda interna.

Así mesmo, o presidente galego informou da convocatoria de oposicións para 540 prazas na Administración Xeral da Xunta, das que 487, o 90%, serán de acceso libre; e 49 de promoción interna.

O Goberno galego tamén deu luz verde, a proposta da Consellería de Sanidade, da OPE correspondente a 19 prazas para reforzar os servizos de Inspección Sanitaria e Saúde Pública.

Roda tamén informou de que se volverá a permitir, por segundo ano, a cobertura de prazas de difícil cobertura polo sistema de concurso. "Este ano estableceuse un novo concurso para cubrir 72 prazas", dixo Rueda, que sinalou que a lista dos médicos que cubrirán estas prazas será publicada polo Diario Oficial de Galicia (DOG) na xornada do venres.

Por último, tamén se deu luz verde á convocatoria o próximo ano de 1750 prazas en oposicións para a educación pública, das que 1.512 serán de novo ingreso. "Suporá a maior oferta de prazas para profesorado dos últimos anos", afirmou.

Reunión do Consello da Xunta
Reunión do Consello da Xunta | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta