Sumar Galicia encaixa o 'non' de Anova: "Respectamos a súa decisión e seguimos adiante"

A formación que cofundou Xosé Manuel Beiras e da que actualmente é portavoz Martiño Noriega decidíu romper romper coa esquerda federal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2023 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

Sumar Galicia encaixou a decisión de Anova-Irmandade Nacionalista --a formación que cofundou Xosé Manuel Beiras e da que actualmente é portavoz Martiño Noriega-- de romper de forma definitiva coa esquerda federal e manifesta que "respecta" as decisións daquelas persoas e organizacións que non senten apeladas.

"Nós interpelamos a persoas e organizacións que se sentisen representadas nos valores da esquerda, o progresismo, o ecoloxismo e o feminismo", sinalaron fontes da formación a Europa Press, as cales apostilaron: "se estas organizacións non senten interpeladas por eses valores, respectamos a súa decisión e seguimos adiante".

A formación que lidera Yolanda Díaz e da que é portavoz en Galicia Paulo Carlos López destaca que mantén a súa "folla de ruta clara". "Temos a forza necesaria e non nos pomos de perfil para sacar ao PP da Xunta. Imos de face; damos a cara pola xente, non facemos cálculos", incidiron estas mesmas fontes.

É máis, Sumar Galicia, que presentou este sábado xunto a Yolanda Díaz aos 50 membros da súa promotora, asegura que será "o parapeto que deteña as políticas" do PP e a que "construirá unha alternativa de goberno para o futuro do país, de Galicia".

O militante de Sumar Galicia, Juan Díaz Villoslada, Yolanda Díaz e Paulo Carlos López.
O militante de Sumar Galicia, Juan Díaz Villoslada, Yolanda Díaz e Paulo Carlos López. | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta