Atopan o cadáver dun home no río Lérez en Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2023 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local e dos bombeiros rescataron á primeira hora da tarde deste xoves un cadáver do río Lérez, no centro de Pontevedra.

En concreto, foi un particular quen, pasadas as 14,00 horas, chamaba ao 112 Galicia para informar de que vía un corpo flotando na auga, preto da ponte de Santiago. Desta forma, os xestores do 112 avisaron a Urxencias Sanitarias-061, á Policía Nacional, aos bombeiros de Pontevedra, á Policía Local e a Protección Civil.

Unha vez no punto, os axentes municipais lograron, con axuda dos bombeiros, sacar o corpo do río. En principio, a falta da confirmación de identidade, trataríase dun home.

Un bombeiro nun dispositivo de procura na Ría de Pontevedra
Un bombeiro nun dispositivo de procura na Ría de Pontevedra | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta