Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2023 | Actualizada ás 17:52
Podemos Galicia puxo en marcha o proceso de primarias para a elección de candidato para as eleccións galegas, que se celebrarán o próximo 18 de febreiro.
Así o informa na súa conta de redes sociais na que precisa que a próxima semana convocarán as primarias e a consulta de Podemos Galicia.
En concreto, explican que será un proceso que se iniciará o 26 de decembro, día no que se enviarán ao correo creado para o proceso as listas pechadas de todas aquelas persoas interesadas en participar no mesmo. Ao día seguinte, as listas deberán ser avaladas polo Consello Cidadán Galego. As votacións terán lugar os días 28 e 29 de decembro. Eses días realizarase a votación conxunta da consulta e as primarias.
Será onde os e as militantes e as persoas inscritas verificadas poderán elixir as opcións presentadas. O 30 de decembro publicaranse os resultados das votacións da consulta e do proceso de primarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.