Besteiro, segunda caída nos infernos e disposto a renacer novamente

Volvía a caixa de saída como candidato do PSdeG tras pasar oito anos apartado da política, pero deixa polo camiño cinco deputados e o peor resultado histórico do seu partido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2024 | Actualizada ás 23:49

Comparte esta noticia

Volveu Besteiro a lidera o PSdeG tras oito anos no ostracismo político. Volvía dos infernos para tentar sacar ao PSdeG no pozo no que está desde que Emilio Pérez Touriño deixou o partido con 25 deputados en 2012. Desde entón e, sucesivamente, os socialistas galegos foron perdendo votantes e deputados ano tras anto, ata este 18F, co peor resultado da súa historia.

O deputado do PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro
O deputado do PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Besteiro que viña da man de Sánchez non conseguiu salvar ao PSdeG dos seus peores resultados históricos a pesar de ser sinalado polo partido en Galicia e por Ferraz como o candidato chamado a remontar á formación. O político, que encabezou a lista pola provincia de Lugo, cultivou este domingo un 14,17% dos votos, un resultado que sitúa ao PSdeG por baixo dos 14 escanos logrados por Xoaquín Fernández Leiceaga (obtivo un 17,88% do voto) e Gonzalo Caballero (19,38% do voto).

Besteiro non puido co vendaval do BNG, nin co "fenómeno Pontón". Chegou tarde a liderar o o partido e acabou moi mal. Como el mesmo dicía, pasou un inferno cando a xuíza Pilar de Lara o investigou por seis delitos e tras unha denuncia da líder do PP de Lugo. Rexurdiu dese inferno e volveu caer noutro, noutro ao que non o botou unha xuíza, senón os votantes. Por iso, Besteiro confirmou que, como pasou durante eses anos de ostracismo político, tomará posesión como deputado no Pazo do Hórreo, para saír dese segundo inferno e tentar abrir unha "nova etapa" no PSdeG e recuperar a confianza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta